el que busca siempre encuentra

martes, 31 de octubre de 2017

Inktober # 31 · Pasatempo · Estatua de Don Juan xogando cun neno (seu neto) (2017)



   Remata novembro, andive liado e hoxe tiven que facer unha pila de ilustracións. Andiven dando voltas ó tema, que facer para a despedida. Revisei algunhas das decenas de imaxes antigas do parque que teño e ao atopar esta tíveno claro. O parque ten unha despedida, Unha derradeira estatua, nin alegorías, nin personaxes de culturas clásicas, el xogando cun neno, seguramente seu neto, alguén non quere despedirse da vida nunha horas plácidas en familia. Adeus Pasatempo, adeus inktober.

   Adico este derradeiro curro do inktober a Arnao e Angel que tanto desfrutan desta parte do parque, e xa a todos os pasatiemperos modo non olvidar a ninguén. Helena con quen comecei a pelear nesta defensa do parque, P, Estela, Andrés, Sergio... Dani e o resto dese grupo de guías do parque dos que tanto esperamos, a todos os socios da Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo e a moitos que, sin selo, axudan nesta cruzada.

   Debuxade, aclare a mente, calma o espírito e serve para irse de trascendental. Aburiño!

Inktober # 30 · Pasatempo · Cupido (Fonte de idem) (2017)



   Sempre me gusta comentar ao visitalo parque que Cupido tiña baixo seus pés unha ruleta de casino. Imaxino, e así o digo, que tentaba Don Juan, ou quen carallo deseñara/ideara esta estatua da Fonte de Cupido, que o amor é coma o xogo. En fin, son ludópata.


   Adicado a todas as mulleres do mundo. Podería centrarme nalgunha, pero, a día de hoxe, se aposto por un número é polo meu. Esta ilustración vai adicada a min, polo moito que currei en favor do Pasatempo nos últimos cinco anos.

Inktober # 29 · Pasatempo · casas chinas - zoolóxico (2017)


   Ao redor do estanque dos Papas había 4 construccións, coñecidas coma "Casetas Chinas" ou simplemente "Casetas", sabemos que contiñan as gaiolas cos animais do zoolóxico do Pasatempo. Cohabitaban varios animais, cervos, lobos, monos, dise que un Yak regalado polo rei Alfonso XII, pero quédome cun recordo dos betanceiros máis maiores, unha xirafa. Os animais morreron en pouco tempo ao non aclimatarse ao ambiente húmido e frío do Carregal. Por desgracia sempre tratamos aos animais coma obxetos ou xoguetes.

Inktober # 28 · Pasatempo · alegoría da Agricultura (2017)



   Eu pretendo, ou querería, ser ecoloxista. A mellor parte naturalista do parque atópoa nas alegorías das catro estacións, auténtica homenaxe a esa natureza cíclica que sempre nos da cobixo e alimento. Na parte alta temos outro elemento clave nesa relación do home coa natureza, a estatua da agricultora que coroa a Fonte de Agricultura. Homenaxe aos nosos campesiños, a esas xentes que levan séculos traballando o campo, verdadeiro tesouro de Galicia xunto a ese mar que nos da vida e nola quita. Aí vos queda, libre de aditivos, conservantes, colorantes e tranxénicos.


   Adicada a Alba que non é campesiña, pero seguro que ve algo chulo no deseño deste traxe tradicional.

lunes, 30 de octubre de 2017

Inktober # 27 · Pasatempo · alegoría da Xustiza (2017)


   Na parte alta do parque cremos que Juan deixou un legado moi sinxelo de entender. El en familia, feliz, a caridade e a xustiza. Esta última leva os ollos vendados como a deusa romana Fortuna (o destino) e porta a espada de Némese (a vinganza), non podemos distinguir se portaba unha balanza ou un facho.

Inktober # 26 · Pasatempo · Estanque dos Papas (2017)


   O Estanque dos Papas tiña forma de trebol de catro follas. Sobre a baranda que o rodeaba atopabamos os bustos dos máis de 200 papas que existiran dende Pedro ata o coetáneo de Don Juan. A decoración con cunchas e cantos rodados tiña a súa máxima expresión neste rincón do parque, ainda que será no Estanque do Retiro onde atopemos as cunchas máis grandes e bonitas.

   Adico esta entrada a dous compañeiros da Asociación cun fondo sentimento criostián, Edu e Adrían, o sobrinísimo. ;)

domingo, 29 de octubre de 2017

Inktober # 25 · Pasatempo · Casa Taquilla (2017)


   Suponse que nesta edificación tivo a familia García Naveira, antes de se abrir o parque, unhas cabalerizas. Chámaselle a Casa Taquilla, alí venderíanse esas famosas postais do parque por unha peseta, cantidade adicada a beneficio do Asilo García-Hermanos. Ademáis alí se sacaria o billete de entrada, esta cuestión póñoa en duda, moi raro me parece que non haxa nin unha sóa entrada conservada, quizáis só se tratase dun papeliño con texto entrada ou billete, ou cunha simple numeración, de ser así, seguramente o visitante non a conservase ou non podería identificarse ó non ter impreso nada referido ó Pasatempo.

   Nesta edificación poderiamos ver por primeira vez a tipografía que se repetiría no muro de "ESPAÑA MONARQUICA Y SUS 18 HIJAS REPUBLICANAS"


   Neste texto, ó igual que nas postais, poderemos ver o nome do parque, PASATIEMPO, a secas e en castelán. Ainda que nalgunhas edicións das postais aparecería outro texto, PASATIEMPO CARREGAL, e comunente se lle coñecía e coñece como A HORTA DE DON JUAN.

   En fin, espero que vos guste.